top of page
  • Icône Facebook noire
PROFESIONAIS_BASE_MINIMAL-03.png
Marcos PTT

Marcos PTT (Lugo, 1977) adicouse dende sempre a creación escénica, enriba do palco, e debaixo... e aos lados tamén A súa escola de arte dramática foi a Sala Nasa, a compañia Chévere e as Festas do Circo do Colectivo Pistacatro, xa que a tribo do circo foi, e segue a ser, a súa familia escollida. No ano 2004 mudouse a Barcelona onde fundou, xunto con Ezra Moreno, a compania de teatro de obxectos El Retrete de Dorian Gray, coa que percorreu medio mundo e os pricipais festivais de títeres de Europa. 
Actualmente adicase sobre todo a dirección artística, especialmente no mundo do circo, e tamén ao seu labor dentro do Colectivo Galiza Emocional, ao que se une co ánimo de que o seu traballo teña un impacto máis directo no tecido social. No colectivo, deseña, sobre todo, paseos sonoros, formato no que o territorio pasa a ser un obxecto poético. Co seu proxecto Os Andares, feito xunto a Jse Diaz e Iria Azevedo, gañan o premio Sound Walk September, o maior galardón mundial a este tipo de arte. Sempre traballa co ánimo de que o público non sexa só un espectador, senón tamén un axente creador. Ás veces, conségueo.

https://vero.co/marcosptt 

MARCOS PTT

PAULA QUINTAS
web_ICONOS REDES SOCIALES.png
INSTAGRAM.png
bottom of page