top of page
  • Icône Facebook noire
BASE_Mesa de trabajo 1.jpg
1º Premios Manu Lago.png
PREMIOS NOVO CIRCO GALEGO
MANU LAGO 2025
4portada_Mesa de trabajo 1.jpg

Dende hai anos existía a necesidade de realizar un evento que convocase ao sector do Novo Circo Galego, que servise para recoñecer o esforzo das súas profesionais e que funcionase como escaparate para promocionar a calidade das súas propostas.
O ano pasado, a APCG veu cubrir ese valeiro creando a primeira edición dos Premios Manu Lago, uns galardóns específicos para o Novo Circo Galego, que este ano lanzan a súa segunda edición.

MANUEL LAGO

Os Premios de Novo Circo Galego Manu Lago honran a memoria do pallaso e malabarista Manuel Lago García, un dos artistas que máis fixo pola consolidación do Novo Circo no noso país, tristemente falecido en 2017.

Logo_AGADIC_AZUL.jpg
COLABORAN:
DepCor_horiz-01.png
pagina_directorio_Mesa de trabajo 1.jpg
PREMIADOS:

Nesta segunda edición de 2025 foron premiadas as tres seguintes categorías:

  • Premio “Manu Lago” ao Mellor Espectáculo de Rúa: "Hoxe Sí", de Marta Sempre Arriba
     

  • Premio “Manu Lago” ao Mellor Espectáculo de Sala: "Bagaxe" de Pajaruto e Arturo Nono
     

  • Premio “Manu Lago” de Recoñecemento ao Novo Circo Galego: Kote Malabar

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A entrega de premios realizouse nunha gala denominada Circo de Inverno, un evento que tivo lugar o día 30 de novembro de 2025 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, e para o que se enviaron convites a autoridades e prensa, así como a compañías de circo, distribuidoras, axentes sociais, artistas e amigas do circo. A entrada foi gratuíta ata completar o aforo, e asistiron un total de 140 persoas.

Entre as autoridades, destacaron as dúas que realizaron discursos durante a gala: o Director da Axencia Galega das Industrias Culturais, D. Jacobo Sutil, e a Excma. Alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín. Malia estar invitada, e debido a outros compromisos, desta volta non puido asistir a Deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Dna. Natividade González.

Unha cabeceira de vídeo con imaxes do Arquivo Histórico do Novo Circo Galego deu inicio á gala para dar paso ao presentador, Peter Punk. O encargado da voz en off foi o guionista e director Antón Coucheiro, que foi a partir de entón dando paso, co apoio de cartelas de vídeo, ás diferentes actuacións, vídeos, discursos e entrega de premios.

Neste primeiro bloque, proxectouse un vídeo dunha actuación de rúa de Manu Lago, seguido dunha actuación do malabarista Martín Diábolo e dun discurso do director da AGADIC, Don Jacobo Sutil.

No segundo bloque tiveron lugar as actuacións das tres finalistas do Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa: o propio Peter Punk, Marta Sempre Arriba e Dani Blanco, co seu personaxe Rogelio en representación da Compañía Muu, resultando Marta Sempre Arriba a vencedora. Entregaron o premio Claudio Casaccia e Sara Comesaña de Atípico Circo.

Tras outra intervención do presentador, deuse paso a un emotivo vídeo de presentación dos candidatos ao Premio de Recoñecemento na Promoción do Novo Circo Galego: Circo dos Muchachos, Manicómicos, Pista Catro e Jose Luis Rodríguez “Kote”. Paula Quintas fixo unha hipnótica intervención de funambulismo e foi a encargada, xunto a Pablo Reboleiro, de entregar o premio ao gañador, Kote. Despois dun vídeo de arquivo con diversas actuacións de Manu Lago, pronunciou o seu discurso a vicepresidenta da APCG, Malala Ricoy.

No derradeiro bloque celebráronse as actuacións das tres finalistas ao Premio ao Mellor Espectáculo de Sala: Bagaxe, de Arturo Cobas e Natalia Pajarito; Compaña, de Xampatito Pato; e Serie Clopen, do CDG. Entregáronlle o premio a Bagaxe as socias Rebeca Santos e Carlos Sante.

Foi o turno dun discurso final da Alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín seguido da despedida ata o seguinte ano e dunha foto circense con todo o público para rematar.

bottom of page