
2025///
-
Participación en Circo En Red, organizado por CircoRed (Ponferrada):
A APCG participou no encontro estatal CIRCO en RED, celebrado en León e Ponferrada, organizado pola Federación CircoRED. A entidade asistiu á Asemblea Estatal de Asociacións, onde se abordaron necesidades comúns do sector e se definiron estratexias de traballo a nivel estatal. A presenza da APCG incluíu tamén a súa intervención no PechaKucha das asociacións, visibilizando o traballo do circo galego e reforzando a súa conexión co panorama estatal.
Cursos de formación profesional para o sector do circo
-
Curso “Autoxestión para o circo e Ferramentas de creación para o circo”
Docente: Jemima Cano.
Formación teórico–práctica centrada en xestión cultural, distribución, relación con institucións e análise de casos reais achegados polas participantes. Traballáronse conceptos de produción, comunicación, organización, resolución de problemáticas habituais e ferramentas para unha xestión funcional.
-
Curso “Crear algo da Nada”
Docente: Andrea Jiménez.
Formación práctica e reflexiva sobre procesos de creación escénica, técnicas individuais e colectivas, metodoloxías de exploración artística e xeración de material escénico. Incluíu traballo físico, análise dos procesos creativos e dinámicas grupais de creación.
-
PREMIOS//
- 2ª Edición dos Premios Manu Lago do Circo Galego.
A APCG organizou a Gala da segunda edición dos Premios Novo Circo Galego Manu Lago, uns galardóns destinados a poñer en valor a calidade e o talento das artistas e compañías galegas de circo, así como a recoñecer o esforzo e a traxectoria das súas profesionais.
-
Actividade polo Día Mundial do Circo
Sesión divulgativa e práctica dirixida ao alumnado de ciclos de Produción e Realización de Espectáculos.
-
Arquivo online do novo circo galego
Dixitalización de materiais audiovisuais cedidos por Pela del Álamo. Integráronse no Arquivo do Circo Galego e foron empregados na II Gala dos Premios Manu Lago. O material púxose a disposición pública en YouTube e na web da APCG.





