

Artista, docente e produtor de circo granadino afincado en Santiago de Compostela. Fórmase en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade de Granada, especializado en ximnasia artística e biomecánica, e gradúase posteriormente na Escola Internacional de Circo e Teatro CAU de Granada, cunha especialidade en mástil chino. Completa a súa formación ca diplomatura en produción circense e autoxestión polo CIET de México e co Máster de Profesorado de Educación Secundaria, na especialidade de Educación Física.
Dende 2018 desenvolve o seu traballo na formación, dirección e produción artística, impartindo docencia de circo en acrobacia, malabares e mástil chino, así como talleres, funcións e procesos de formación de formadores en malabares adaptados e inclusivos, dirixidos a terceira idade e persoas con diversidade funcional.
Paralelamente mantén unha traxectoria artística con números e espectáculos propios, tanto en rúa como en sala. Na actualidade é profesor de mástil chino na escola Circo Nove de Santiago de Compostela, desenvolve un proxecto de malabares inclusivos en Galicia e atópase inmerso na creación dun novo proxecto artístico."



